sábado, 2 de marzo de 2013

Creación dun blogue

      Vai facer dous anos o 14 de marzo do ano 2011 comenzaba a miña aventura cos blogs co Blogue "Aula de Apoio". Este blogue comezaba coa idea de axudarme nas clases, xa que naquela época era mestra de Pedagoxía Terapéutica (ProfaPT), e tamén permitirme ir recollendo tódolos recursos que ía atopando pola rede e que ía espallando por distintos ordenadores no traballo, na casa, en usbs...
        
     Este ano estrénome coma Profa Orientadora nun Colexio de Educación Primaria. O certo que afronto este novo reto con entudiasmo, con ganas de aprender e moitas veces con medo. Medo a non estar a altura, medo a non saber que facer, medo...

      Grazas a o curso para orientadores novatos da Xunta de Galicia puiden comprobar que os meus medos eran compartidos por moitos compañeiras e compañeiros que coma min andamos algo desorientados nisto da orientación. Vaia paradoxa un orientador desorientado, este podería ser o título do blogue.

        Esta desorientación fixo que me apuntase a moitos cursos dedicados exclusivamente a orientadores coma o de "Integración das TIC nos departamentos de Orientación". Grazas a este curso estou comezando este novo blogue dedicado a miña labor orientadora. 

       Os profes do curso fixerónnos unha selección de artigos de interese de por que facer un blogue en orientación. Estes artigos podédelos atopar no ligazón da parte dereita. Eu quero centrarme en dous artigos no de TotemGuard  e os seus 8 motivos para crear un blogue e o blog de Buenas Prácticas 2.0 onde se fala do blog Busca tu Camino de Víctor Cuevas.

        Como ben nos di TotemGuard no seu artigo "un blog es esencialmente un diario, personal o profesional, que te permite plasmar tu trabajo y tus ideas". Permite mostrar a os alumnos/as, docentes, pais distinta información, fai posible chegar a alumnado que quizáis por vergoña non se atreven a petar na porta de orientación ou a pais que por motivos laborais non poden acudir tódalas veces que desearían ao centro escolar e que grazas as tecnoloxías da información e a comunicación poden estar actualizados e informados.

         Un blogueiro de referencia na tarefa educativa, entre outros, é Víctor Cuevas. Este docente traballou en centros de primaria, de persoas adultas, coma orientador nun Equipo de Atención Temperá e onde leva máis tempo desenvolvendo a súa carreira profesional coma orientador en Institutos de Ensinanza Secundaria, dende o ano 2005 no IES Joaquín Araújo de Fuenlabrada. Víctor e un claro exemplo de como utilizar un blogue en orientación como ben nos dín no blogue de Buenas Prácticas "El blog incluye vídeos, presentaciones, audios, imágenes, documentos, mapas conceptuales interactivos, cazas de tesoro, encuestas... ofreciendo información en múltiples soportes para los estudiantes. Sus objetivos y finalidad son mostrados de forma atractiva..."

         Hoxe comezo este novo camiño co blogue de Profa Orientadora para axudarme na miña desorientación. E para intentar ser un vehículo de información, crítica, reflexión da miña práctica orientadora. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario