O alumnado que temos nos centros educativos utilizan acotío as tecnoloxías da comunicación e da Información, pero as veces non de forma axeitada.
Deténdome en dous artigos recollidos na páxina "Educación en Valores" onde a fonte dos dous é "El periódico de Cataluña". Estes dous artigos son:
Nas
dúas noticias mostrásenos como a través das redes sociais, novas tecnoloxías
coma os smartphone os adolescentes relacionanse dun xeito machista e violento.
Dende
o departamento de orientación quedanos moita labor que facer entorno a
educación emocional, a convivencia, a asertividade e o respetuo mutuo por un
mesmo e polos outros.
Dende
fai tempo vense traballando nesta liña coa formación de mediadores escolares
como nos propón Juan Carlos Torrego Seijo co seu libro “Mediación de conflictosen instituciones educativas. Manual para la formación de mediadores” Ed. Narcea.
Pero
agora mesmo coas novas tecnoloxías os casos de violencia crecen dun modo
exponencial. Xa que antes era un comentario de pasillo e agora e unha
publicación por tuenti, facebook... que é visible a multitude de ollos, que se
agraba con insultos por whatsapp...
Polo
tanto dende o centro educativo debemos educar a relacionarse e a utilizar todas
estas novas ferramentas que son moi útiles sempre que se utilicen de xeito
adecuado. Algunhas ideas para traballar esta temática son:
-
Charla
da Guardía Civil sobre a temática, ciberacoso.
-
Vídeo de
pantallas amigas sobre el ciberacoso.
-
Material:
“Colegas , Amig@s y compañer@s” de Mª
Inés Monjas e José Mª Avilés.
- Traballar as relacións sociais e as formas de
relación para que se den conta das condutas erroneas e poidan sustituilas por outras máis axeitadas.
Para
traballar todas estes comportamentos e modos de actuar dende nenos, a min hai
un exemplo de centro que me gusta moito como é o CEP Zamakola.
O seu plan de convivencia ten tres bloques: Cuidamos o entorno, Cuidamos
as persoas e Cuidamos as relacións.
Dentro
de cuidamos o entorno tratase de coidar o espazo que rodea os nenos e nenas como os xardíns, podese
incluir a horta e tamén aplicar a coidar o barrio onde está situada a escola, moi importante xa
que educa todo un pobo. As actividades de barrio pode ser por exemplo facer unha semana cultural...
Dentro
do bloque cuidamos persoas, pretendese educar as emocións, a autoestima,
habilidades sociais, cohesión grupal...
Por último dentro
do Bloque Cuidamos as relacións, o CEP Zamakola mima as outras culturas do centro. Nos
recreos unha semana ao mes xogan aos xogos do mundo, nas festas escolares
engloban talleres, comida, música,... doutros lugares. Neste bloque para
coidar as relacións consensúanse as normas da clase, aproveitan o recreo para
educar e sempre que xurden conflictos
intentan solucionalos con mediación.
Como podemos ver todavía nos queda
moito que facer e un longo camiño que percorrer onde os departamentos de
orientación temos moito que aportar e moito que aprender xa que as novas
tecnoloxías ofrecennos novas ferramentas e o mesmo tempo novos conflitos que
debemos de intentar resolver e axudarlle a os discentes a ter ferramentas para
saber “navegar” seguro.